miércoles, 4 de mayo de 2016

O casquete polar non deixa de encollerse

 Nos últimos 30 anos a extensión do xeo é cada vez menor no Ártico.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2016/04/27/casquete-polar-deja-encogerse/00031461320717761685108.htm
Isla San ders no fiordo Wolstenholme ( Groenlandia)

Os casquetes polares son rexións nas que sempre fai frío e o xeo forma parte permanente da paisaxe. Durante a estación invernal a  superficie xeada e aínda maior, pois as augas oceánicas que bordean os polos conxélanse ata varios metros de profundidade. Na primaveira e verán esta capa de xeo mariña, polo contrario, redúcese. Pero nos últimos 30 anos vense observando que a extención do xeo invernal no Ártico e cada vez menor, e este ano acadou un mínimo histórico.

E outras cousas interesantes sobre o coidado do medio ambiente para coñecer:

- Segredos da auga


 Pontevedra acolle ata o próximo 18 de maio a exposición "H2OH, os segredos da auga da túa cidade" para promover o uso responsable e o coidado do medio ambiente.
 
 
 
 
 
 
 
 
- Na rede atopamos
 
     
  1. O Ártico de verán a inverno.
  2. OcéanoSfera, para observar a Terra desde fóra.
 
 
 
 
 
 
 
                                                                                           Video da NASA para ver o Ártico de verán a inverno



 
 
 Sigo pensando que debemos coidar o noso medio ambiente.

viernes, 22 de abril de 2016

Día mundial da Terra

 
Hoxe estamos de celebración, é o día da nosa nai Terra e por eso debemos recordalo agora que está tan amenazada polo cambio climático. Celebremos este día prometendo
respetar a Terra:
Aforra auga e enerxía.
Pranta unha arbore.
Recicla.
Compra productos ecolóxicos.
Non tires lixo a zonas verdes, nin productos químicos ou combustibles.
Respetala é cousa de todos:
 


O poder das plantas

                   Cargando o mobil enchufado a unha maceta

http://www.bbc.com/mundo/noticias/2015/09/150901_tecnologia_recargar_bateria_plantas_chile_egn
móvil cargando na maceta dunha planta
 
 
Tres universitarios patentan una pila bióloxica que converte en electricidade as substancias das plantas durante a fotosíntese.
A recarga do móbil converteuse nos últimos anos nunha fonte de inspiración se novas tecnoloxías para obter electricidade: os promotores da empresa Arkyne Technologies causaron impacto co proxecto Bioo, capaz de convertir a fotosintese natural das plantas nunha fonte continua de electricidade.
 
cargando móvil

Estou asombrado con tanto que nos pode dar a natureza nun futuro xa nos vexo comprando plantas en vez de cargadores.

miércoles, 6 de abril de 2016

A memoria das árbores

Son as árbores os que permiten traducir o idioma da natureza?

Atopeime con esta noticia que me chamou a atención porque eu non coñecía


A natureza leva unha contabilidade exacta
do tempo.
O corpo humano non rexistra a data das suas feridas. Examinando a cicatriz da tua perna, a ciencia non pode determinar en qué ano te caeches da bicicleta; a biopsia non revela a antigüedade dun cáncer. Os corpos das árbores, en cambio, recordan as glaciacións, as plagas, os incendios e todos os intentos de invasión que sufriron ó longo das súas vidas. Esa información está grabada con precisión nas súas anillas concéntricas. A dendrocronoloxía é a ciencia que estuda esas fiables bases de datos. Foi fixada como disciplina academica por A. E Douglass fundador do laboratorio de investigación dos anillos das árbores na Universidade de Arizona.
 
Seguirei mirando algo máis sobre este tema a ver que contan as árbores nos seus anillos.

lunes, 21 de marzo de 2016

Día Internacional dos Bosques

                       


Hoxe está de festa o noso bosque porque é o Día Forestal Mundial , este día está dedicado a destacar a importancia dos recursos forestais, que contribuen o desarrollo de todas as especies, incluido o ser humano.
Recomendan que neste día :

- Plantes unha árbore.
- Regues unha pranta.
- Utilices papel reciclable ou dos bosques plantados.
- Imprimas por ambas caras.
- Compres productos ecolóxicos.
- Evites incendios forestais.
- Non deposites lixo nas zonas verdes.

Eu xa plantei o meu:

domingo, 6 de marzo de 2016

Traballo do animal

                                Unha ave depredadora

                                                                                Sergio Joel Castro Castiñeira 1º A
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
INDICE:
  1. Como é?
  2. Onde vive?
  3. Como se nutre?
  4. Como se relaciona?
  5. Como se reproduce?
  6. Situación ecolóxica?
  7. Fonte de consulta?
 --------------------------------------------------------------------------------------------------------
                                             Águila Real
                         (Aquila chrysaetos)

1. Como é?
É unha ave grande, o tamaño do seu corpo é de 45 cm a 105 cm.
Teñen varias capas de plumas. En primeiro lugar teñen a capa de plumas exteriores que son as máis resistentes e duras e as que serven para aumentar a velocidade do voo. Despois está a capa de plumas interiores que son as que reducen a resistencia do aire, e permitenlles ás águias planear no ceo. Por último temos os plumóns suaves que lle serven para atrapar o aire e manter a águia abrigada.
  Teñen as ás longas e anchas, as súas patas grandes e fortes, as garras moi afiadas. Teñen o pico grande afiado e en forma de gancho para poder despedazar a carne das súas presas.
  A águia real ten unha especiede colar de cor dourado no pescozo, que é o que fai que lle de ese nome. Ademais teñen os ollos grandes, o que lles permite ter unha gran habilidade visual, os seus ollos teñen visión telescópica, e dicir, poden ver a presa dende moi lonxe para despois voiar rápidamente e cazala. E ademáis dous puntos focais nos ollos: un permítelle ver de fronte e o outro ver os costados.
  A águia real e a máis rápida, acada os 225 km/h.
 
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
2. Onde viven?
Viven en páramos, pantanos, desertos, montañas, praderías, litoral, bosques e augas doces de todo o mundo, exceptuando a Antártida e Nova Zelanda.
zona coloreada é onde vive a águia real
Pósanse para observar toda a paisaxe e detectar calquera presa da cal alimentarse. Na actualidade, Europa Occidental só alberga poboacións estables en Escocia, Noruega, Os Alpes, Italia e a Península Ibérica. En Norteamérica obsérvase un declive da especie. E mantéñense poboacións sedentarias en Asia e no norte de África.
 
niño nun barranco

--------------------------------------------------------------------------------------------


 3. Como se nutre?
 
A águila real é un animal carnívoro, come carne. As súas presas principais están vivas, pero tamén poden comer carroña. É un animal heterótrofo.
A súas presas son os coellos, as ardillas, as serpes, os cervos, as marmotas, gansos, patos e roedores.
  Non é capaz de capturar animais que excedan do seu propio peso.





  A cadea trofica da águia e a seguinte:

A águia real respira oxíseno do aire polos pulmóns.
 Águila atacando zorro 







---------------------------------------------------------------------------------------------------------

4. Como se relaciona?

A águia real posee todas as características dun animal salvaxe. Os sentidos visual e auditivo están moi ben desrrollados. o pico e os pés úsanse para manipular o alimento e outros obxetos.
  Comunicanse usando sinais visuais e a través do uso de cantos ou chamadas.
  A águia real axudada pola súa velocidade que ten para voiar e a aguda visión coa que supervisa a presa é capaz de todo. As patas son moi consistentes e teñen moita forza a hora de agarrar calquer animal que se lle presente. A presión que fan as garras e o pico que ten son as súas ferramentas principais a hora de cazar para alimentarse.

Cortexo de águias reais
 O seu sistema nervioso e moi desarrollado. A vista e o sentido máis sensible. A finais de decembro as parellas comezan a realizar espectaculares voos de cortexo. En xaneiro, o final dalgún dos voos a femio pousa nunha arbore ou nunha zona alta, e o macho pousa sobre ela en equilibrio.

A águia real e a ave máis empregada en cetrería polos homes, especialmente en Asia central onde se emprega para cazar lobos e antílopes.



--------------------------------------------------------------------------------------------

 5. Como se reproduce?
 
As águias reais son monógamas (soen emparentarse de por vida) . Constrúen varios nidos no seu territorio, que alternan cada ano. Según as zonas , anidan en árbores altas ou rocas escarpadas e acantilados . Cada nova tempada de cría engádense novos pisos de ramas ó nido .
A águia é ovípara : o macho introduce os espermatozoides dentro da femia (fecundación interna) , unha vez fecundada ésta deposita ovos con cáscara dura que protexen o embrión . A reproducción é sexual .
A época de reproducción varía dunha zona a outra entre xaneiro e marzo .
A femia incuba os ovos durante unha seis semanas, e é substituída de vez en cando polo macho .
En abril saen os polos do cascarón. Durante unhas dez semanas os polos permanecen no nido, alimentados polos seus país .
 
 
--------------------------------------------------------------------------------------------
 
6. Situación ecolóxica?
 
Pódese dicir que a águia real está en perigo de extinción porque aquelas presas que caza non quedan suficientes, pero o certo é que a verdadeira circunstancia é : O HOME .
A deforestación, a destrucción do hábitat e a edificación de múltiples zonas de montaña son as causas principais polas cales a especie da águia real non pode sobrevivir en boa parte dos lugares que antes habitaba .
As súas principais ameazas son a electrocución en tendidos eléctricos, os envenenamentos e o furtivismo , como vemos todo relacionado co home .
 
--------------------------------------------------------------------------------------------
 
7. Fontes de consulta .
 
- Wikipedia-águila real
- Imaxes de águias buscando en google .

 
A águia real utilízase en moitos escudos como símbolo, representa o poder debido a súa forza . E nós témolo moi cerquiña porque é o símbolo do noso Instituto Pedra Da Águia aquí vos deixo unha águia real sobre unha pedra na Costa da Morte :



 
 



viernes, 4 de marzo de 2016

Contaminación provoca alteración cerebral dos escolares


Cando vín este titular o primeiro que me preguntei foi: de que escolares estarán falando??
E lendo e lendo atopeime con que os afectados somos NÓS!!!
Bueno, máis máis os que viven en cidades con moita contaminación, porque nun traballo de investigación liderado polo hospital do Mar de Barcelona, comprobaron que a exposición á contaminación do aire urbano interfire directamente na maduración funcional do cerebro dos escolares que teñen entre 8 e 12 anos .